XI RALI DE CARRETILLAS

#ralidecarretillas

#ralidecarretillas

O hashtag co que podes compartir todas as novas sobre o Rali de Carretillas de Vila de Cruces.

Miolos de fume,
carretilleiros dende 2009

A dirección e organización do Rali lévaa a cabo a Asociación Cultural Miolos de Fume, cunha dirección en rotación en cada Rali de Carretillas.

O Rali de Carretillas

Creados no ano 2006, o Rali e Exposición de Carretillas de Vila de Cruces cédenlle o protagonismo á carretilla, que deixa o seu lugar de traballo habitual para, engalanada, ser un dos pratos fortes das festas patronais.

Os Premios

Tradicionalmente os premios do rali veñen sendo unha serie de trofeos feitos de xeito artesanal e con motivos carretilleiros que son únicos para cada edición.

Para o primeiro clasificado existe un gran trofeo especial, unha carretilla de forxa creada por un artesano do metal, que é entregada en depósito durante un ano aos gañadores. Aquela parella que poida acadar a victoria no Rali perante 3 ocasións continuas ou 5 salteadas, se convertirá en posuidor definitivo deste trofeo.

Expo

A partires do 2009, únese ao Rali de Carretillas unha pequena gran ampliación no seu programa, trátase dunha exposición artística de carretillas customizadas denominada “Arte Carretilleiro”. A organización entrega carretillas a diversos artistas para que estes as decoren á súa maneira ademáis de abrir un concurso a todos aqueles participantes que queren ter unha carretilla persoalizada pero non lles interesa correr no rali. 

Aquí non hai normas, a carretilla pode ter as rodas que se queiran… non vai correr.

Esta exposición convirte ao Rali de Carretillas, no que a creatividade xa xoga un papel importante na preparación das carretillas, nunha actividade artística e de difusión da cultura.

Videos e Imaxes

Anos de sensacións e vivencias, retratadas en centos de fotografías e videos. Revive os grandes momentos do Rali na nosa Galería.

0
Edicións
0
Participantes
0
Cervexas
0
Asistentes

Homenaxeados e Irmandamentos

Ao longo destes anos, moita xente importante pasou polo Rali de Carretillas. Entre eles, destacan todos aqueles homenaxeados que, pola súa colaboración, recibiron o galardón ao Carretilleiro do Ano, ademais dos nosos irmáns de outras carreiras e festas de todo o mundo.

Contacta

Se tes algunha cuestión, idea ou simplemente queres falar connosco, non dubides en contactarnos!

Datos de contacto

A Asociación Miolos de Fume é quén organiza todo este tinglado. Tes algo que dicirnos?

Baixos do centro Médico, S/N. 36590 - Vila de Cruces, Pontevedra
info@ralidecarretillas.org

Envía unha mensaxe